ESTRELA DO OCÉANO
No océano do firmamento
naceu, tímida, unha estrela
sen celebracións nin fastos
sen libros de ouro
sen incenso nen mirra
No océano do firmamento,
cresceu lucencia belida
enchendo todo sentimento
de criatura terrena ou mariña
E alí onde conflúe toda luz
se instalou esta luciña
que da seda, no aloumiño
todo agarimo queda prendido
Naceu unha estrela...
na terra dos mouros
naceu unha estrela...
na terra sen ollos
Mais ela mesma foi
que abriu a xanela
de cada un de nos
pra ver as estrelas
O mundo non é igual
dende que pode ver os astros
pola beleza sin par
da estrela nada sen fastos
ANTÓN VEGA.